|
A Coral Polifonica de Campo Lameiro, fundouse orixinalmete no
ano 1.997, por un grupo de amigos amantes das cancións tradicionais
galegas, baixo a dirección do Sr. José Bugallo Senra.
Fixo a súa presentación ó público o 27 de
setembro de 1.997, con motivo das Festas Patronais. En decembro de 1.998
foi apadriñada pola Coral de Poio. No mes de xuño de 1.999
participa nun certamen de Corais, no Monasterio de Poio, e o 25 de marzo
do ano 2.000 organiza o 1º Festival Músico Vocal, no que participan
varias corais da provincia. Tamén fai unha grabación para
a T.V.G. no programa "Galicia Enteira".
Participa en diversos festivais con motivo do Día das Letras Galegas,
como por exemplo: Portonovo, Gondomar, etc. E adica gran parte das súas
actuacións o canto litúrxico. O 21 de xuño de 2.003
organiza o 2º Festival de Corais, no que participaron o Coro Virxe
de Fátima de Campelo, Coral Airiños de Campaño, Coral
Polifónica de Barro. O 6 de xuño de 2.004 participa no Festival
de Corais de Campañó, xunto a Coral de Poio, a Coral Cantigas
do Castro de Baión e a Coral Airiños de Campañó.
O 20 de xuño de 2.004 organiza o 3º Festival de Corais en
Campo Lameiro coa participación da Coral de Poio e a Coral Padronesa.
O 28 de novembro de 2.004 participa no Festival de Corais de Campelo xunto
coas Corais de Campelo e Moraña. O 2 de xaneiro de 2.005 participa
no Festival de Corais de Merza xunto coas Corais de San Pedro de Cumeiro,
Orfeón Parroquial Nosa Sra. de hoy-vas, Coral Polifónica
San Salvador de Camanzo.
Dende primeiros de xuño de 2.005 toma o mando da Coral unha nova
directora, chamada Isabel Lede Calvo. Baixo a súa batuta realizouse
no mes de abril de 2.006 unha nova grabación para a Radio Galega
en conxunto coa Banda de Música de Campo Lameiro no Teatro Principal
de Pontevedra.
Dende primeiros de xaneiro do 2009 tomou o mando da coral unha nova directora,chamada Sonia Bouzada, cun amplio curriculum na dirección de grupos corais, dandolle á coral un novo estilo, tanto musical como vocal. Benvida sea.
O dia 17 de Maio do 2009 concerto no pazo Ourensan de FONTEFIZ, no Concello de Coles, xunto coas corais Voces e Cordas de Sobrado do Obispo, e Coral Encantiño de Barra de Miño con motivo do dia das Letras Galegas.
Domingo 27 de Decembro, concerto na Vila de Cuntis xunto co coro Cantares das Burgas, grupo Vocal Infantil e Cuarteto de Corda, ambos da Vila de Cuntis.
Ó longo do ano 2009 a coral actuou en diversos actos litúrxicos, bodas, funerais e misas, como é de costume dende a sua fundación.
Tamén queremos poñer de manifesto o noso agradecemento ao Concello, Deputación e Caixa Galicia pola súa colaboración. |